Boas Musiconautas:
¿Qué tal o pasatedes na celebración o día de San Francisco? Espero que este día fose especial, divertido e sobre todo de festa para
tod@s.
Repasamos xuntos os acontecentos que tiveron lugar ese día?
Pois ven, comenzamos cun concerto lúdico dun quinteto de vento-metal "
Os Amigos"
que se celebrou o día 3 de outubro pola mañán no salón de actos con dous pases, un para infantil, 1º, 2º e 3º de EP titulado "
A familia perdida" con obras como "A panteira rosa", " O Can-Can", "Baby Elephant"e outro dende 4º de EP ata 4º de ESO titulado "
A máquina do tempo " con obras como "Trombumba", " The Entertaiment ", "Música Acuática ".
Vos acordades os instrumentos que o formaban? Por si alguén non o lembra eran:
Trompeta, Trompa, Trombón e Tuba.
Deixovos un enlace para que poidades escoitalos e tamén aos seus primos, os instrumentos de vento-madeira:
Frauta, Clarinete, Oboe e Fagot. Así podees apreciar as diferencias mellor, incluso xogar a ver se os adiviñades sen facer trampa.
http://www.doslourdes.net/MUSla_familia_del_viento.htm
Tivemos moita sorte porque estes profesionais ademais de facer que o pasaramos en grande, deixáronnos probar os seus instrumentos. Non era tan fácil, verdad?
Temos que destacar a sorpresa que os nenos do primeiro pase lle deron os nosos músicos. Construiron con materiais reciclables diferentes instrumentos para poder acompañalos na obra da pantiera rosa como por exemplo: arpas, guitarras, frautas de pan, maracas, paus de choiva, tan-tan...
Aquí témolas probas:
Despois desta xornada de viaxar polo tempo ou de buscar os membros perdidos dunha familia de instrumentos, chegamos o día 4 de outubre coa Eucaristía no día propio de San Francisco; todos @s
alumn@s participaron nesta celebración creando a orquesta sinfónica de San Francisco metafóricamente falando. Aportaron diferentes instrumentos acompañados dunha resposta o lema deste curso ¿Dónde está San Francisco? conseguindo así unha afinación perfecta.
Tamén cantamos e bailamos o son da canción feita para o propio día titulada "San Francisco, voute encontrar" coa banda sonora da película Tadeo Jones.
Bueno musiconautas, gracias por colaborar, polo voso comportamento, polas vosas voces, polos vosos bailes...
Ata o próximo San Francisco!!!!!