miércoles, 17 de octubre de 2012

Festa de San Francisco

Boas Musiconautas:
                         ¿Qué tal o pasatedes na celebración o día de San Francisco? Espero que este día fose especial, divertido e sobre todo de festa para tod@s.
                           Repasamos xuntos os acontecentos que tiveron lugar ese día?
Pois ven, comenzamos cun concerto lúdico dun quinteto de vento-metal "Os Amigos"
 que se celebrou o día 3 de outubro pola mañán no salón de actos con dous pases, un para infantil, 1º, 2º e 3º de EP titulado " A familia perdida"  con obras como  "A panteira rosa", " O Can-Can", "Baby Elephant"e outro dende 4º de EP ata 4º de ESO titulado " A máquina do tempo " con obras como   "Trombumba", " The Entertaiment ", "Música Acuática ".
Vos acordades os instrumentos que o formaban? Por si alguén non o lembra eran: Trompeta, Trompa, Trombón e Tuba.
Deixovos un enlace para que poidades escoitalos e tamén aos seus primos, os instrumentos de vento-madeira: Frauta, Clarinete, Oboe e Fagot. Así podees apreciar as diferencias mellor, incluso xogar a ver se os adiviñades sen facer trampa.

http://www.doslourdes.net/MUSla_familia_del_viento.htm

Tivemos moita sorte porque estes profesionais ademais de facer que o pasaramos en grande, deixáronnos probar os seus instrumentos. Non era tan fácil, verdad?



















































































Temos que destacar a sorpresa que os nenos do primeiro pase lle deron os nosos músicos. Construiron con materiais reciclables diferentes instrumentos para poder acompañalos na obra da pantiera rosa como por exemplo: arpas, guitarras, frautas de pan, maracas, paus de choiva, tan-tan...
Aquí témolas probas:

  
 
Despois desta xornada de viaxar polo tempo ou de buscar os membros perdidos dunha familia de instrumentos, chegamos o día 4 de outubre coa Eucaristía no día propio de San Francisco; todos @s alumn@s participaron nesta celebración creando a orquesta sinfónica de San Francisco metafóricamente falando. Aportaron diferentes instrumentos acompañados dunha resposta o lema deste curso ¿Dónde está San Francisco? conseguindo así unha afinación perfecta.
Tamén cantamos e bailamos o son da canción feita para o propio día titulada "San Francisco, voute encontrar" coa banda sonora da película Tadeo Jones.
 
 
 
 
Bueno musiconautas, gracias por colaborar, polo voso comportamento, polas vosas voces, polos vosos bailes...
Ata o próximo San Francisco!!!!!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario