domingo, 10 de marzo de 2013

Boas tardes a todos:
                 Xa estamos rematando a 2ª Avaliación e para despedila, teremos o día 13 de marzo un concerto dedicado a nosa música galega, o noso folklore; o título sería  "As formas do noso folcklore". Estará interpretada pola Banda Municipal de A Coruña.
                Deixovos un resumo do que vamos a escoitar e algúns enlaces para afianzalo de maneira visual. Podedes velo en familia, espero que vos guste.







 
             Comenzaremos por saber qué é Folklore


                    As primeiras recuperacións serias que se fixeron das cantigas folklórica galegas foron realizadas por grandes músicos do século XVIII como Juan Montes (Negra sombra, e Lonxe daTerriña), Pascual Veiga (Alborada Galega), Ricardo Dorado, Carracedo, José Baldomir (Meus amores) e Suárez Castro Chané (Adiós a Mariquiña) entre outros. Eles foron os encargados de recoller as vellas melodías pasadas oralmente de xeración en xeración nas distintas bisbarras do país e transformalas en música escrita coa intención de facelas perdurar no tempo e dalas a coñecer mais alá das nosas fronteiras a través da súa integración en composicións cultas.
Estaban influenciados polo espírito nacionalista que percorría Europa e concretamente polo
espírito nacionalista de Verdi, que verá en España na figura de Felipe Pedrell (mestre de Manuel de Falla e Enrique Granados) o seu máximo expoñente.
 
 
             O primeira cantiga folklórica é ALBORADA
 
 
Podemos dicir que a Alborada é una cantiga melódica e serena que se toca, nos despertares do día, nas romarías e festas galegas, principalmente e hoxe en día, no rural, para chamar ás xentes á festa.
Musicalmente está escrita en compás de 2/4 ou de 4/4 moderado.
A Alborada propiamente dita tocase coa gaita, pero a súa evolución deu lugar a Alboradas
con letras, na súa maioría escollidas dos poemas dos escritores do Rexurdimento, como Rosalía de Castro.


Aquí vos deixo o enlace da páxina oficial da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que goza de recoñecemento internacional. Nela poderás coñecer a súa historia e escoitala súa música.

www.realbanda.com



 Neste enlace poderás ver unha actuación da Real Banda tocando o Himno Galego.

 http://www.youtube.com/watch?v=QNXWWdgpldI
 
Banda Sinfónica Municipal de Betanzos. Brincadeira.

http://www.youtube.com/watch?v=Ke3kdaq4S-c


 
            As cantigas galegas 

As cantigas folklóricas galegas teñen cadencias, xiros e ritmos que as fan diferentes e únicas. Son cantos propios da nosa tradición, cantados en galego e transmitidas de país a fillos o longo das xeracións sen que sufriran modificacións Xosé Casal, no seu libro Música folklórica galega , clasifica como cantigas folklóricas, propias do noso pobo as Alboradas Cantadas, Alalás, Cantares de Arreiro. Foliadas (Popurrís), Maneos de Pandeiro, Muiñeiras Cantadas, pandeiradas, enchoiadas, regueifas, cantos do Nadal, cantares do Maio, Cantares dos labores, cantos de Arrolo e cantares de Cego.

         A segundo tipo é a  MUIÑEIRA

O termo muiñeira provén do mesmo nome muiñeira (molinera), que se empregaba para
nomear as mulleres que atendían os muíños.
Crese que o orixe desta música está nos bailes que se servían para matar as horas mortas
mentres as mulleres esperaban pola fariña. Aínda que as súas orixes son bastante incertas.
Son bailes moi rápidos escritos nun compás normalmente de subdivisión ternaria.
Se pensaramos que a muiñeira é tan so unha danza non estaríamos no certo. Temos
constancia da existencia de muiñeiras cantadas, recollidas das aldeas ou creadas sobre textos dos poetas do Rexurdimento galego. Esta cantiga, xunto co Alalá, son propias dos labores agrícolas, gandeiros, das xuntanzas, festas e romarías.

      As vestimentas do folklore galego
 
Na seguinte páxina encontrarás información sobre as distintas prendas que conforman o
vestuario galego.
 
A muller normalmente leva unha camisa que máis ou menos adornada dependendo da
ocasión sobre a que se podía colocar un corsé, un dengue, un xustillo ou unha chaqueta.
Adoitaba levar unha saia de color vermello, negro ou marelo entre outros. Por debaixo, coa
intención de resgardarse do frío levaba unhas medias brancas de la en inverno e caladas nos días de lucimento sobre as que vestía unha especie de pantalón que lle chegaba ás rodillas chamado pololo.
Encima colocaba a Enagua, unha especie de falda de xénero blanco caracterizada por levar unhas cintas ó redor. A cor das cintas simbolizaba o estado da muller, así pois levabanas vermellas as solteiras, brancas as casadas e negras as viúvas.
Nos días de frío poñían por riba un refaixo, dunha tela máis gorda en un color combinado ca
saia.
Por riba da saia como adorno levaban un mantelo con bordados ou con podrería que cubría
toda a saia. E se a festa o requería un mandil moi adornado que cubría a metade do mantelo.
Enlace dunha muiñeira para ser bailada (podes escoller calquera outra que se corresponda coa mesma forma musical).

 

             A lenda de Montelongo
 
 
Banda de Santa Cruz de Ribadulla. A lenda de Montelongo (min. 6:08)

        
                 A Zarzuela

Esta obra, con libreto de Juan Buhigas e Manuel Rey Posse e música de Bernardo del Río, foi estreada no ano 1924 en diversas capitais galegas. No seu reparto orixinal contou co escenógrafo Camilo Díaz Valiño e o coro compostelán Cantigas e agarimos.
Meses despois da estrea o autor extraería dela unha suite para banda, que escoitaremos no noso concerto didáctico "As formas do noso folklore".
Na súa composición Bernardo del Río recolle música do ámbito popular para reflexar o
folklore galego que quedaba exposto no libreto a través de numerosas referencias culturais,
etnográficas e literarias.
 

             O terceiro o ALALÁ

O Alalá é a cantiga máis antiga, pura e característica do noso Folklore posto que é a cantiga que mellor amosa a identidade e os sentimentos do pobo galego, co seu aire lírico e nostálxico.

O Alalá foi a semilla da que prenderon outras cantigas como os cantares de Arrieiro, os
cantos de Nadal ou os cantares de Berce e ata a maioría das cantigas Naconalistas.
Esta forma musical empregábase para falar de temas moi lonxanos, dende a felicidade dunmozo ata o choro por una desgraza, dun canto para adormecer un cativo ata un lamento de denuncia polas aldraxes cometidas o pobo galego.
Os seus orixes son incertos de cote máis historiadores como verea ou Martínez Padían
aseguran que a deixaron aquí os fenicios, que as empregaban para sinalar o ritmo dos remeiros.

Os Alalás son cantigas curtas nas que se repite integramente a mesma melodía para tódalas súas estrofas. Estes deben levar un recitado cada dúas estrofas, sustituido actualmente por unha melodía na gaita.
Se atendemos a súa composición melódica podemos ver a súa relación co canto gregoriano, posto que cada alalá xira entorno a un modo e ten unas cadencias e xiros melódicos propios.
Podemos clasificar os alalás a groso modo en lentos ou rápidos. Os alalás lentos aparecen
escritos en compases combinados de 2/4 ou 3/4 e adoitan ser interpretados exclusivamente por voces.
Os alalás rápidos están escritos en 6/8 como as muiñeiras e adoitan ter acompañamento de tamboril. 

 

           A cuarta é a  FOLIADA

   As foliadas non se poden considerar cantigas folclóricas galegas, porque que son unas
cantigas de recente creación. O termo adecuado para referirse a eles sería Cantigas populares galegas.
O termo Foliada provén do latín "folle", e refírese a festas nocturna con cantigas, bailes,
conversas e demais actividades lúdicas e sociais.
As Foliadas naceron a partir do ano 1915 como una especie de popurrís.
Comezan con un Maneo de Pandeiro e logo ten cabida calquer cousa. As súas letras son
recollidas sempre dalgún poeta aínda que adoitan levar escrita a palabra "popular".
 

Rosa Cedrón e Cristina Pato. Unha noite na eira do trigoCesáreo Salgado
 
http://www.youtube.com/watch?v=Ol7QmB7I7Lk



 

GRUPOS E SOLISTAS GALEGOS QUE LEVAN A NOSA MÚSICA POLO MUNDO

Na actualidade hai moitos grupos galegos considerados grupos folk por mor do tipo demúsica que interpretan. Os grupos folk suponse que teñen o seu fundamento na música celta.

Intentan dar a coñecer as cantigas populares máis coñecidas e mesmo andan na procuro doutras novas buscando nas aldeas como fixeron os poetas do Rexurdimento.




Luar na lubre:

www.luarnalubre.com

Fuxan os ventos: www.fuxanosventos.net


Berrogüetto: www.berroguetto.com


Malvela: www.malvela.com


Leilía: www.leilia.com


Doa: www.doa-music.com


Rosa Cedrón: www.rosacedron.com

 
Rumba para Susi 
http://www.goear.com/listen/91806e9/rumba-para-susi-susana-seivane
 
E. Campos

              A RUMBA

A rumba cubana nace das tradicións africanas chegadas a Cuba a través da emigración, aínda que ben é certo que a súa estrutura musical e poética ten orixe español.
A finais do século XIX comeza a emerxer nos barrios marxinais onde se atopaban os
descentes dos emigrantes africanos na Habana. Aínda que nun primeiro momento non é ben recibida a partir dos anos 30 comeza a gozar de aceptación social.
O termo rumba pode ter dous significados. Da nome a unha danza típica cubana pero tamén a unha familia de ritmos . Para diferencialas nomease
Rumba a danza e complexo de rumba á familia de ritmos.
O complexo rumba ten tres variantes: yambú, Columbia e guaguancó que se diferencian
principalmente na velocidade da súa interpretación, estando aquí ordenados de menor a maior velocidade.
O paso de baile da rumba son dous pasos rápidos cara o lado e un lento cara o fronte.


           OS instrumentos do noso folklore: A GAITA

A gaita é un dos instrumentos máis expandidos por todo o mundo.



 
 




Aquí poderás ver detalladamente a explicación das diferentes partes da gaita

 http://lagaitagallega.blogspot.com.es/


Con este enlace do obradoiro dos Seivane (situado en Cambre) podedes aprender máis cousas referentes a súa
construción e a súa historia.


http://www.seivane.es/ga/documentacion/index2.html

           Instrumentos de Percusión

Imos destacar como instrumentos máis coñecidos do folklore popular galego o Pandeiro, a
pandeireta, o tamboril, as tarrañolas,o charrasco e as cunchas, dos que vos adxunto unhas fotos.

Pandeireta



                                           

                  Cunchas                                                Charrasco




                                                      
Tarrañolas






                                                                                                           Tamboril


No hay comentarios:

Publicar un comentario