jueves, 25 de abril de 2013

Bos días:
           Este venres día 26 de Abril, os alumnos de 3º EP ata 6º de EP asistirán ao concerto "Érase unha vez... A percusión na orquestra". Aínda que o traballamos na clase, deixovos un pequeno resumo e algúns links, sobre todo o de fabricación de instrumentos con materiais de desfeito (sempre coa supervisión dun adulto) e convertirédesvos en luthier que é a persoa que construe instrumentos.
Podemos dicir que a percusión é unha das actividades relacionadas coa música más antiga que existe. Esta actividad estaba relacionada principalmente coas cazas, xogos e rituais relixiosos.
A percusión xa se facía sen coñecementos tal como os entendemos hoxe en día, basábase maiormente en seguir os ritmos das cancións cos ritmos e golpes ca súa propia intuición lles dictaba, con pandeiretas, sistros, cascabeis, ou calquer outro elemento que producise un sonido agradable e que non molestara moito para poder oír a música ou ben a historia queo declamante contaba.

Idiófonos y membranófonos
O principio do século XX e atendendo a criterios científicos, comezou a empregarse a clasificación de instrumentos basada en elementos técnicos e musicais. Da antiga división dos instrumentos en vento – corda – percusión, pásase a organizalos como aerófonos – cordófonos – membranófonos – idiófonos – electrófonos.
Idiófonos son aqueles instrumentos musicais que están feitos de material resonante (metal, madeira, cristal...) de maneira que o son prodúcese mediante a vibración do propio instrumento (autorresonadores). Ademáis do material, e súa forma, a técnica empregada condiciona o son que producen. A variedade de instrumentos que presentan estas características é enorme.

Membranófonos son os instrumentos musicais nos que o son prodúcese cando vibra unha membrana tensada. Peles de animais, pergamino ou incluso plástico son utilizados como membranas. Tamén neste caso hai diferentes posibilidades técnicas.
 Link da fabricación de instrumentos:
(http://www.degeneradores.com/vertedero/)

Links con diferentes ritmos donde a percusión ten un papel destacado:

-Así hablaba Zaratrusta. Introducción. R. Strauss. http://www.youtube.com/watch?v=sY9OKqPcbYw

-Te Deum: Preludio, de M.A.Charpentier
http://www.youtube.com/watch?v=wYi1ZgR1o4s

- Las bodas de fígaro: Obertura ( fragmento) de W.A. Mozart
http://www.youtube.com/watch?v=CCWCgNd6y9I

- El galope de los comediantes de D. Kabakewsky
http://www.youtube.com/watch?v=ppQzbLq5Fww

- Guía de orquesta para jóvenes (introducción, variación M y fuga final) de B. Britten
http://www.youtube.com/watch?v=Ku3TRcjLpyY

- West side story (Mambo, cha-cha, cool) de L. Bernstein

Mambo http://www.youtube.com/watch?v=kokbJvSEMUY

Cha-cha http://www.youtube.com/watch?v=Z226Tr5FMJs

Cool http://www.youtube.com/watch?v=xkdP02HKQGc

- Iron foundry. A. Mosolov
http://www.youtube.com/watch?v=-jmcMyhMRxU

Espero que disfrutedes do concerto e a participación sexa activa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario