martes, 12 de noviembre de 2013

Concierto " Los colores de las cuerdas"

Musiconautas de 3º, 4º, 5º e 6º EP:

                          O día 26 de Noviembre temos un concierto no Centro Cívico Ágora as 10:30 h titulado "LOS COLORES DE LAS CUERDAS". Xa estamos comezando a preparalo na clase de música pero non temos moito tempo, así que vouvos deixar a guía con actividades, breve historia dos compositores das obras que vamos a escoitar, da familia de instrumentos da que vamos a disfrutar... para o que queira poida seguir preparándoo na casa.
Lembrade que debemos ter SEMPRE una actitude de escoita, respeto cara aos músicos e o seu traballo, posición correcta do noso corpo cando estamos sentados...

 

 



 





 

 










 

 


 





 



 


 

 

 

 

 

 

 
Hola musiconautas de 3º EP:


                            Primeiro decirvos que estou moi contenta cos progresos que estades a facer na frauta, tendo en conta que é o voso primeiro ano de maexo dela. Quero daros a enhoraboa polo traballo que estades tendo. ÁNIMO e seguide así.

 Aquí vos deixo as seguintes cancións e o video de cómo debe soar, para poder practicar a nota FA.




 

jueves, 17 de octubre de 2013

Musiconautas de 3º EP
  
 
Mirade o que se pode facer co instrumento máis valioso que temos: A VOZ
  
  
 
Como nos fala no tema, unha soa persoa pode facer que pareza que escoitamos a moitas persoas cantar xuntas. 
 

lunes, 14 de octubre de 2013



Hola Musicaonautas de 3º EP:
       
                            Hoxe vamos a aprender a tocar a nota LA para elo,utilizaremos dúas cancións.
A primeira titúlase "O Neno Pobre" que é a canción nº 6 da folla anterior.
E a segunda titúlase "Canta o Cuco" que é a canción nº 7. Deíxovos as partituras e o video.




                                              


miércoles, 9 de octubre de 2013

Musiconautas de Infantil, Primaria e Secundaria, xa estamos de volta para celebrar o día da Paz Franciscana, será o 25 de Outubro.

        Eleximos a canción " Latas pola Paz", tendo a lata o significado de "de algo bo", "de cambio ".
No mundo hai cousas malas e tamén persoas que non seguen o camiño do ben e coas latas, co seu ritmo, queremos facer un troco, una lata por algo malo como o odio, o egoísmo, o rencor...  e intentar que se unan a ese camiño que nos conduce a PAZ.


Deixovos un video que mostra dunha forma moi peculiar ese cambio, esa conversión.

 
LETRA DA CANCIÓN

Somos pequeños                                                      El hacha de la guerra
somos juguetones                                                    la vamos a enterrar
somos felices                                                          cambiemos el rencor
cantando canciones.                                                por un poco de amor.
Dame una lata                                                        Que nadie pase hambre
que esté llena de PAZ                                            en este mundo grande
bebe conmigo                                                         hagamos esta vida
¡ qué quiero disfrutar !                                          ¡ más justa y divertida !
ESTRIBILLO                                                        ESTRIBILLO (2 veces)
¡Hola! somos los niños                                            La lata del amor
de este planeta                                                     La lata de los sueños
y aquí venimos                                                       La lata del amigo
a dar la lata                                                          La lata de los besos
por la PAZ (BIS)                                                  ESTRIBILLO



E para o final do acto, cantaremos una xa moi coñecida titulada "Si mueves tus las manos traerás la paz"

 
LETRA DE LA CANCIÓN
 
Si mueves tú las manos
traerás la paz
la paz que Dios nos quiere traer. (Bis)
ESTRIBILLO
Traerás la paz como el sol
derrite el odio el calor
olvida el miedo y comparte siempre paz. (Bis)
 
Si mueves tú los dedos
traerás la paz
la paz que Dios nos quiere traer. (Bis)
ESTRIBILLO (...)
Si mueves la cabeza
traerás la paz
la paz que Dios nos quiere traer. (Bis)

ESTRIBILLO (...)

Si mueves todo el cuerpo
traerás la paz
la paz que Dios nos quiere traer. (Bis)

ESTRIBILLO (...)
* Al final se repite la última frase del estribillo 5 veces.


Non vos olvidedes de traer una lata para tocar e cantar e sobre todo para levar a cabo esa conversión.
 

lunes, 7 de octubre de 2013


Musiconautas de 3º EP:

                   Deixovos as partituras das pequenas cancións para traballar as notas SOL e MI.
Tende en conta que hai negras e corcheas; a escoitar as cancións temos que distinguir cal e cal. As negras dámolas máis lentas que as corcheas un pouco máis rápido ( nas corcheas acentuaremos un pouquiño máis a primeira para que nos saia ben o pulso delas).

               ÁNIMO meus musiconautas!!! Podedes facelo, pero eso si, debedes practicar a miudo coa frauta.


                                                     






                                        
                                           


miércoles, 2 de octubre de 2013

Día de San Francisco

Musiconautas, o día 4 de Octubro é o patrón do noso colexio, SAN FRANCISCO DE ASÍS e para a celebración dende o noso recuncho musical cantaremos a canción " A separación " da película
 " Campanilla e o secreto das hadas" o encontro de dúas irmáns que non sabían da súa existencia e queren recuperar o tempo perdido e saben que se fan a cousas xuntas todo será máis fácil.; moi aplicable ao noso irmá San Francisco.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Musiconautas de 6º EP

Musiconautas de 6º EP:

                    Aquí deixovos a partitura da canción What makes you beatiful do grupo coñecido
"One direction". Será a primeira interpretación deste trimeste.

Ánimo que vós podedes!!!





lunes, 23 de septiembre de 2013

Musiconautas de 5º EP

Musiconautas de 5º EP


Aquí vos deixo o enlace a primeira partitura "Somebody that I used to know" (de Gotye) deste trimestre para animaros un pouco e o video; é bastante coñecida e faciliña.






http://musicacreativ0.wix.com/somebodythatiusedtoknow

E a seguinte é a canción do "Rei León"


http://susanacanta.wix.com/wimoweh


Ánimo e a practicalas!!!

Musiconautas de 4º EP:


Musiconautas de 4º EP:
  

                   Aquí vos deixo a partitura e video que vamos a preparar nesta primeira avaliación para que vos sirva de axuda á hora de practicala. E divertida e faciliña.

Ánimo que podedes facelo!!!







Musiconautas, o día 4 de Octubro é o patrón do noso colexio, SAN FRANCISCO DE ASÍS e para a celebración dende o noso recuncho musical cantaremos a canción " A separación " da película
 " Campanilla e o secreto das hadas" o encontro de dúas irmáns que non sabían da súa existencia e queren recuperar o tempo perdido e saben que se fan a cousas xuntas todo será máis fácil.; moi aplicable ao noso irmá San Francisco.

 
 
LA SEPARACIÓN
( De la película “Campanilla y el secreto de las hadas” )


Uh uh uh Uh uh uh
Uh uh uh uh uh uh
la da da la da da
da da da da


Un día te Yo olvidé
perdí sin como es sin ti
conocerte mi vida


Sin saber que Pareciera que
cerca estabas estuviste siempre
tú de mi aquí


Y ahora sólo Cuéntame que
quiero abrazarte haces cada día
y con mil historias no voy a dudar
asombrarte de lo que digas


Todo en ti me dice Estoy contigo
que debería ser así y sé que debía
sé que sí ser así
No tiene Fin
ESTRIBILLO ESTRIBILLO
Alegre estoy Alegre estoy
contigo voy contigo voy
a tu lado a tu lado
el mundo es el mundo es
mejor mejor
todo tiene mucho todo tiene mucho
más color más color
la separación la separación
no es tan grande hoy no es tan grande hoy
sé que no si me tropiezo
y tú estás conmigo
lo que sea
con tu apoyo
puedo afrontar


ESTRIBILLO
 
 
Deséxovos un Feliz Día de San Francisco!!!
Benvidos musiconautas a este novo curso. Comezamos con moita ilusión, enerxía e novos proxectos que desexo que vos gusten.
E por qué non? Un sonriso dende o primeiro día é una boa forma de emprender este camino xuntos.
Encontrei uns videos para este propósito, a ver que vos parece.



 
 
 
 

jueves, 25 de abril de 2013

Bos días:
           Este venres día 26 de Abril, os alumnos de 3º EP ata 6º de EP asistirán ao concerto "Érase unha vez... A percusión na orquestra". Aínda que o traballamos na clase, deixovos un pequeno resumo e algúns links, sobre todo o de fabricación de instrumentos con materiais de desfeito (sempre coa supervisión dun adulto) e convertirédesvos en luthier que é a persoa que construe instrumentos.
Podemos dicir que a percusión é unha das actividades relacionadas coa música más antiga que existe. Esta actividad estaba relacionada principalmente coas cazas, xogos e rituais relixiosos.
A percusión xa se facía sen coñecementos tal como os entendemos hoxe en día, basábase maiormente en seguir os ritmos das cancións cos ritmos e golpes ca súa propia intuición lles dictaba, con pandeiretas, sistros, cascabeis, ou calquer outro elemento que producise un sonido agradable e que non molestara moito para poder oír a música ou ben a historia queo declamante contaba.

Idiófonos y membranófonos
O principio do século XX e atendendo a criterios científicos, comezou a empregarse a clasificación de instrumentos basada en elementos técnicos e musicais. Da antiga división dos instrumentos en vento – corda – percusión, pásase a organizalos como aerófonos – cordófonos – membranófonos – idiófonos – electrófonos.
Idiófonos son aqueles instrumentos musicais que están feitos de material resonante (metal, madeira, cristal...) de maneira que o son prodúcese mediante a vibración do propio instrumento (autorresonadores). Ademáis do material, e súa forma, a técnica empregada condiciona o son que producen. A variedade de instrumentos que presentan estas características é enorme.

Membranófonos son os instrumentos musicais nos que o son prodúcese cando vibra unha membrana tensada. Peles de animais, pergamino ou incluso plástico son utilizados como membranas. Tamén neste caso hai diferentes posibilidades técnicas.
 Link da fabricación de instrumentos:
(http://www.degeneradores.com/vertedero/)

Links con diferentes ritmos donde a percusión ten un papel destacado:

-Así hablaba Zaratrusta. Introducción. R. Strauss. http://www.youtube.com/watch?v=sY9OKqPcbYw

-Te Deum: Preludio, de M.A.Charpentier
http://www.youtube.com/watch?v=wYi1ZgR1o4s

- Las bodas de fígaro: Obertura ( fragmento) de W.A. Mozart
http://www.youtube.com/watch?v=CCWCgNd6y9I

- El galope de los comediantes de D. Kabakewsky
http://www.youtube.com/watch?v=ppQzbLq5Fww

- Guía de orquesta para jóvenes (introducción, variación M y fuga final) de B. Britten
http://www.youtube.com/watch?v=Ku3TRcjLpyY

- West side story (Mambo, cha-cha, cool) de L. Bernstein

Mambo http://www.youtube.com/watch?v=kokbJvSEMUY

Cha-cha http://www.youtube.com/watch?v=Z226Tr5FMJs

Cool http://www.youtube.com/watch?v=xkdP02HKQGc

- Iron foundry. A. Mosolov
http://www.youtube.com/watch?v=-jmcMyhMRxU

Espero que disfrutedes do concerto e a participación sexa activa. 

martes, 9 de abril de 2013

Boas musiconautas:
 
     Temos a vista un concurso moi picante. O titulo é "Desaloxa o piollo". Vai dirixido o ciclo medio ( 3º e 4º de Primaria ). Son tres modalidades a elexir: Karaoke, Baile e Composición.
Se vos animades ahí estarei eu para axudarvos. Deixovos as bases por aquí abaixo.
Ánimo que podemos perder de vista estes piollos ;)

¿Cómo funciona?

Para participar noconcurso musical para escolas de Neositrín e Candela e Os Supremos so tes que cumprir os seguintes requisitos:

1

Grabar un vídeo nunha das 3 modalidades do concurso.
KARAOKE: Cantar a canción de Candela e Os Supremos "O Desaloxo do Piollo".
BAILE: Bailar a canción de Candela e Os Supremos "O Desaloxo do Piollo".
COMPOSICIÓN: Tocar a canción de Candela e Os Supremos "O Desaloxo do Piollo".
Aquí podedes Descargar a canción, a letra e o vídeo-karaoke.

2

Qu a clase que participe sea do ciclo medio (3º y 4º) e haxa un mínimo de 5 alumnos no vídeo.
profesor tocando la guitarra con alumnos en clase de música

3

E sobre todo, ¡poñerlle moitas ganas e pasalo en grande!
grupo de seis niños saltando de alegria

¡APÚNTATE!

¡Podedes levarvos 1.500 €
en equipamento musical,
25 CD's de Candela o un
concerto no voso cole!

MECÁNICA DO CONCURSO

  1. A inscripción está aberta do 20 de marzo ó 30 de maio.
  2. O profesor/a de música é o encargado de realizar a inscripción ó concurso é subir o vídeo  na sección
  3. 3Unha vez realizada a inscripción, enviaremos un email co documento de cesión de dereitos de imaxen para que o profesor o poda devolver firmado e finalizar o proceso.
  4. Hai dos premios. Un ó vídeo máis votado e outro ó que elixa o noso xurado (Miqui Puig, Eva Hache e Minimúsica).
  5. As votacións realizaránse do 30 de maio ó 14 de xunio.
  6. O 14 de xunio anunciaremos os gañadores!

lunes, 18 de marzo de 2013

Boas!!!
Padre_e_hijo : Padre e hijo, tomados de la mano



  Mañá é o día do pai. E dende o noso recuncho musical, dedicarémoslles algunhas cancións a estas persoas tan maravillosas que nos deron a vida.

MOITAS FELICIDADES!!!


Padre_e_hijo : abuelo, padre e hijo
 
 
                                          Alejandro Sanz  "Ese que me dio la vida"
                                         http://www.youtube.com/watch?v=48f2yH7ZYPo

                                        Abel Ullon  "Mi Papá"
                                        http://www.youtube.com/watch?v=2LqwarF4NHU


                                       De los más pequeños de la casa  "Cantaré para mi Papá"
                                       http://www.youtube.com/watch?v=5dQSj3IKUv8


domingo, 10 de marzo de 2013

Boas tardes a todos:
                 Xa estamos rematando a 2ª Avaliación e para despedila, teremos o día 13 de marzo un concerto dedicado a nosa música galega, o noso folklore; o título sería  "As formas do noso folcklore". Estará interpretada pola Banda Municipal de A Coruña.
                Deixovos un resumo do que vamos a escoitar e algúns enlaces para afianzalo de maneira visual. Podedes velo en familia, espero que vos guste.







 
             Comenzaremos por saber qué é Folklore


                    As primeiras recuperacións serias que se fixeron das cantigas folklórica galegas foron realizadas por grandes músicos do século XVIII como Juan Montes (Negra sombra, e Lonxe daTerriña), Pascual Veiga (Alborada Galega), Ricardo Dorado, Carracedo, José Baldomir (Meus amores) e Suárez Castro Chané (Adiós a Mariquiña) entre outros. Eles foron os encargados de recoller as vellas melodías pasadas oralmente de xeración en xeración nas distintas bisbarras do país e transformalas en música escrita coa intención de facelas perdurar no tempo e dalas a coñecer mais alá das nosas fronteiras a través da súa integración en composicións cultas.
Estaban influenciados polo espírito nacionalista que percorría Europa e concretamente polo
espírito nacionalista de Verdi, que verá en España na figura de Felipe Pedrell (mestre de Manuel de Falla e Enrique Granados) o seu máximo expoñente.
 
 
             O primeira cantiga folklórica é ALBORADA
 
 
Podemos dicir que a Alborada é una cantiga melódica e serena que se toca, nos despertares do día, nas romarías e festas galegas, principalmente e hoxe en día, no rural, para chamar ás xentes á festa.
Musicalmente está escrita en compás de 2/4 ou de 4/4 moderado.
A Alborada propiamente dita tocase coa gaita, pero a súa evolución deu lugar a Alboradas
con letras, na súa maioría escollidas dos poemas dos escritores do Rexurdimento, como Rosalía de Castro.


Aquí vos deixo o enlace da páxina oficial da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que goza de recoñecemento internacional. Nela poderás coñecer a súa historia e escoitala súa música.

www.realbanda.com



 Neste enlace poderás ver unha actuación da Real Banda tocando o Himno Galego.

 http://www.youtube.com/watch?v=QNXWWdgpldI
 
Banda Sinfónica Municipal de Betanzos. Brincadeira.

http://www.youtube.com/watch?v=Ke3kdaq4S-c


 
            As cantigas galegas 

As cantigas folklóricas galegas teñen cadencias, xiros e ritmos que as fan diferentes e únicas. Son cantos propios da nosa tradición, cantados en galego e transmitidas de país a fillos o longo das xeracións sen que sufriran modificacións Xosé Casal, no seu libro Música folklórica galega , clasifica como cantigas folklóricas, propias do noso pobo as Alboradas Cantadas, Alalás, Cantares de Arreiro. Foliadas (Popurrís), Maneos de Pandeiro, Muiñeiras Cantadas, pandeiradas, enchoiadas, regueifas, cantos do Nadal, cantares do Maio, Cantares dos labores, cantos de Arrolo e cantares de Cego.

         A segundo tipo é a  MUIÑEIRA

O termo muiñeira provén do mesmo nome muiñeira (molinera), que se empregaba para
nomear as mulleres que atendían os muíños.
Crese que o orixe desta música está nos bailes que se servían para matar as horas mortas
mentres as mulleres esperaban pola fariña. Aínda que as súas orixes son bastante incertas.
Son bailes moi rápidos escritos nun compás normalmente de subdivisión ternaria.
Se pensaramos que a muiñeira é tan so unha danza non estaríamos no certo. Temos
constancia da existencia de muiñeiras cantadas, recollidas das aldeas ou creadas sobre textos dos poetas do Rexurdimento galego. Esta cantiga, xunto co Alalá, son propias dos labores agrícolas, gandeiros, das xuntanzas, festas e romarías.

      As vestimentas do folklore galego
 
Na seguinte páxina encontrarás información sobre as distintas prendas que conforman o
vestuario galego.
 
A muller normalmente leva unha camisa que máis ou menos adornada dependendo da
ocasión sobre a que se podía colocar un corsé, un dengue, un xustillo ou unha chaqueta.
Adoitaba levar unha saia de color vermello, negro ou marelo entre outros. Por debaixo, coa
intención de resgardarse do frío levaba unhas medias brancas de la en inverno e caladas nos días de lucimento sobre as que vestía unha especie de pantalón que lle chegaba ás rodillas chamado pololo.
Encima colocaba a Enagua, unha especie de falda de xénero blanco caracterizada por levar unhas cintas ó redor. A cor das cintas simbolizaba o estado da muller, así pois levabanas vermellas as solteiras, brancas as casadas e negras as viúvas.
Nos días de frío poñían por riba un refaixo, dunha tela máis gorda en un color combinado ca
saia.
Por riba da saia como adorno levaban un mantelo con bordados ou con podrería que cubría
toda a saia. E se a festa o requería un mandil moi adornado que cubría a metade do mantelo.
Enlace dunha muiñeira para ser bailada (podes escoller calquera outra que se corresponda coa mesma forma musical).

 

             A lenda de Montelongo
 
 
Banda de Santa Cruz de Ribadulla. A lenda de Montelongo (min. 6:08)

        
                 A Zarzuela

Esta obra, con libreto de Juan Buhigas e Manuel Rey Posse e música de Bernardo del Río, foi estreada no ano 1924 en diversas capitais galegas. No seu reparto orixinal contou co escenógrafo Camilo Díaz Valiño e o coro compostelán Cantigas e agarimos.
Meses despois da estrea o autor extraería dela unha suite para banda, que escoitaremos no noso concerto didáctico "As formas do noso folklore".
Na súa composición Bernardo del Río recolle música do ámbito popular para reflexar o
folklore galego que quedaba exposto no libreto a través de numerosas referencias culturais,
etnográficas e literarias.
 

             O terceiro o ALALÁ

O Alalá é a cantiga máis antiga, pura e característica do noso Folklore posto que é a cantiga que mellor amosa a identidade e os sentimentos do pobo galego, co seu aire lírico e nostálxico.

O Alalá foi a semilla da que prenderon outras cantigas como os cantares de Arrieiro, os
cantos de Nadal ou os cantares de Berce e ata a maioría das cantigas Naconalistas.
Esta forma musical empregábase para falar de temas moi lonxanos, dende a felicidade dunmozo ata o choro por una desgraza, dun canto para adormecer un cativo ata un lamento de denuncia polas aldraxes cometidas o pobo galego.
Os seus orixes son incertos de cote máis historiadores como verea ou Martínez Padían
aseguran que a deixaron aquí os fenicios, que as empregaban para sinalar o ritmo dos remeiros.

Os Alalás son cantigas curtas nas que se repite integramente a mesma melodía para tódalas súas estrofas. Estes deben levar un recitado cada dúas estrofas, sustituido actualmente por unha melodía na gaita.
Se atendemos a súa composición melódica podemos ver a súa relación co canto gregoriano, posto que cada alalá xira entorno a un modo e ten unas cadencias e xiros melódicos propios.
Podemos clasificar os alalás a groso modo en lentos ou rápidos. Os alalás lentos aparecen
escritos en compases combinados de 2/4 ou 3/4 e adoitan ser interpretados exclusivamente por voces.
Os alalás rápidos están escritos en 6/8 como as muiñeiras e adoitan ter acompañamento de tamboril. 

 

           A cuarta é a  FOLIADA

   As foliadas non se poden considerar cantigas folclóricas galegas, porque que son unas
cantigas de recente creación. O termo adecuado para referirse a eles sería Cantigas populares galegas.
O termo Foliada provén do latín "folle", e refírese a festas nocturna con cantigas, bailes,
conversas e demais actividades lúdicas e sociais.
As Foliadas naceron a partir do ano 1915 como una especie de popurrís.
Comezan con un Maneo de Pandeiro e logo ten cabida calquer cousa. As súas letras son
recollidas sempre dalgún poeta aínda que adoitan levar escrita a palabra "popular".
 

Rosa Cedrón e Cristina Pato. Unha noite na eira do trigoCesáreo Salgado
 
http://www.youtube.com/watch?v=Ol7QmB7I7Lk



 

GRUPOS E SOLISTAS GALEGOS QUE LEVAN A NOSA MÚSICA POLO MUNDO

Na actualidade hai moitos grupos galegos considerados grupos folk por mor do tipo demúsica que interpretan. Os grupos folk suponse que teñen o seu fundamento na música celta.

Intentan dar a coñecer as cantigas populares máis coñecidas e mesmo andan na procuro doutras novas buscando nas aldeas como fixeron os poetas do Rexurdimento.




Luar na lubre:

www.luarnalubre.com

Fuxan os ventos: www.fuxanosventos.net


Berrogüetto: www.berroguetto.com


Malvela: www.malvela.com


Leilía: www.leilia.com


Doa: www.doa-music.com


Rosa Cedrón: www.rosacedron.com

 
Rumba para Susi 
http://www.goear.com/listen/91806e9/rumba-para-susi-susana-seivane
 
E. Campos

              A RUMBA

A rumba cubana nace das tradicións africanas chegadas a Cuba a través da emigración, aínda que ben é certo que a súa estrutura musical e poética ten orixe español.
A finais do século XIX comeza a emerxer nos barrios marxinais onde se atopaban os
descentes dos emigrantes africanos na Habana. Aínda que nun primeiro momento non é ben recibida a partir dos anos 30 comeza a gozar de aceptación social.
O termo rumba pode ter dous significados. Da nome a unha danza típica cubana pero tamén a unha familia de ritmos . Para diferencialas nomease
Rumba a danza e complexo de rumba á familia de ritmos.
O complexo rumba ten tres variantes: yambú, Columbia e guaguancó que se diferencian
principalmente na velocidade da súa interpretación, estando aquí ordenados de menor a maior velocidade.
O paso de baile da rumba son dous pasos rápidos cara o lado e un lento cara o fronte.


           OS instrumentos do noso folklore: A GAITA

A gaita é un dos instrumentos máis expandidos por todo o mundo.



 
 




Aquí poderás ver detalladamente a explicación das diferentes partes da gaita

 http://lagaitagallega.blogspot.com.es/


Con este enlace do obradoiro dos Seivane (situado en Cambre) podedes aprender máis cousas referentes a súa
construción e a súa historia.


http://www.seivane.es/ga/documentacion/index2.html

           Instrumentos de Percusión

Imos destacar como instrumentos máis coñecidos do folklore popular galego o Pandeiro, a
pandeireta, o tamboril, as tarrañolas,o charrasco e as cunchas, dos que vos adxunto unhas fotos.

Pandeireta



                                           

                  Cunchas                                                Charrasco




                                                      
Tarrañolas






                                                                                                           Tamboril